A Secretaría Xeral da Emigración inaugura en Lisboa o ciclo «Mestre Mateo» para difundir o cine galego

Oito centros de América, Europa e Iberia reproducirán, de maio a novembro, os mellores documentais e películas do cine galego

Comparte el artículo:

O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou, xunto ao director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño e o presidente do Centro Galego de Lisboa, Jesús Luis Bescos, o ciclo de cine «Mestre Mateo» na capital de Portugal. Unha iniciativa que permitirá reproducir oito películas e documentais finalistas nos premios Mestre Mateo en diferentes centros galegos repartidos por todo o mundo.

En concreto, as obras proxectaranse nos centros galegos de Álava; Rosario (Arxentina), As Palmas de Gran Canaria; Lisboa; México; Salamanca; Suíza e o Centro Español La Nacional de Manhattan. Un proxecto que xurdiu do acordo en 2022 entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual, e que permite achegar o arte e a cultura galega a diferentes partes de Iberoamérica e da escea internacional.

A programación deste ciclo inclúe María Casares, a muller que viviu mil vidas, Unicorn Wars e o Corpo Aberto, recoñecidas respectivamente como Mellor documental, Mellor longametraxe de animación e Mellor longametraxe na última edición dos Mestre Mateo, celebrada o pasado 11 de marzo. O resto de títulos que conforman o ciclo son o documental A foreign song; o thriller Código Emperador; o documental No somos nada; o filme de animación Valentina e o documental Onde máis doe.

Noticias Relacionadas