Artistas da «Raia» actuarán no Festival Converxencias Galicia-Portugal

Ponteareas e Redondela acollerán eventos culturais de artistas de Galicia e Portugal entre o 24 e o 26 de febreiro

Comparte el artículo:

O Concello de Ponteareas (Pontevedra) organiza unha nova edición do Festival Converxencias Galicia-Portugal; reunindo a artistas de ambos os lados da «Raia». Dende o 24 ata o 26 de febrero, celebraranse catro eventos culturais en homenaxe á figura de Rosalía de Castro e de José Afonso. Un festival de confraternización que arrincou este xoves no Auditorio Reveriano Soutullo co grupo Voces de Arrieiro; rendendo unha homenaxe musical á figura dos «arrieiros», así como aos territorios que acolleron a galegos emigrados nos século XX.

O venres, día 25, ás 20 horas, presentouse no auditorio o proxecto «Ponte…  nas ondas!», unha asociación cultural e pedagóxica con actividades en Galicia e no Norte de Portugal; seguido do concerto de Sergio Mirra Trío, un instrumentalista de cordas con amplo coñecemento da música tradicional portuguesa, e gran experto do «cavaquinho».

Finalmente, o sábado 26 de febreiro, á mesma hora que os días anteriores, a academia de teatro Tin. Bra presentará a obra «Odisseia dá Emigraçao» (vivencias da emigración portuguesa a partir dos anos 60), clausurando o festival.

Redondela (Pontevedra) tamén participa neste festival coa organización de diferentes actividades no Multiusos da Xunqueira o día 26. O colectivo cultural Sinha Paca, en colaboración co concello, levará a cabo obradoiros e charlas para os máis cativos, así como un concerto «Tributo a Zeca Afonso e Rosalía de Castro».

Noticias Relacionadas