As federacións galega e portuguesa de tenis reúnense tralo «Open» de Braga

Este encontro serve como punto de partida para a organización de competicións internacionais entre federacións

Comparte el artículo:

O presidente da Federación Galega de Tenis (FGT), José Mosquera, e o presidente da Federación Portuguesa de Tenis (FPT), Vasco Costa, reuníronse trala celebración do «ATP Challenger Braga Open». Un evento deportivo de gran relevancia na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. No encontro tamén estiveron presentes João Mota, presidente do Club de Tenis de Braga, e António Paes de Faria, presidente da Asociación de Tenis do Porto. ATPorto colabora coa federación galega dende hai 25 anos.

A cooperación entre Galicia e Portugal intégrase actualmente pola Federación Galega de Tenis e as Asociacións Rexionais do Porto, Aveiro, Coimbra e Leiria. De feito, esta reunión serve como punto de partida para a organización de competicións internacionais entre federacións; establecéndose o ano 2023 como data de inicio para esta colaboración, cunha proxección de acción compartida para os próximos dez anos. Todo elo, en base aos seguintes obxectivos:

– Organización dun evento internacional conxunto da FGT e a FPT;

– Formacións comúns entre federacións;

– Relanzamento da liga Atlántica (competición histórica);

– Creación dun evento que reúna aos xogadores das rexións do Noroeste Peninsular: Norte de Portugal, Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León;

– Integración da Asociación de Tenis de Vila Real na cooperación con Galicia, e vinculación entre Verín e Chaves (xogadores, clubs, eventos, etc.);

– Promoción de competicións como o «tenis de praia», así como de modalidades como o «tenis de toque».

Noticias Relacionadas

A hora da Liberdade

Agora que estamos a poucas horas (mais precisamente sete) do dia em que comemoramos os cinquenta anos da Revolução dos Cravos está na altura de