As fortes choivas derruban parte da muralla de Valença do Minho

Mentres os técnicos seguen avaliando o terreo, a Cámara Municipal xa pediu axuda ao Goberno para a reconstrución do Monumento Nacional

Comparte el artículo:

Un dos muros da Fortaleza de Valença derrubouse tras o temporal que sacudiu Galicia e o Norte de Portugal nos últimos días. Tras un primeiro derrubamento o domingo á mañá, produciuse outro derrube ao longo do día, o que supuxo unha caída total duns 1.000 metros cadrados de muralla.

A zona «Coroada» é a que se viu afectada, onde Protección Civil acudiu dende o primeiro momento; facendo un chamamento á poboación para que non se achegaran á fortaleza. A Autoridade Nacional de Emerxencia e Protección Civil (ANEPC) indicou que se rexistraron 840 incidentes en Portugal continental nesta data.

O alcalde da localidade fronteiriza, José Manuel Carpinteira, recibiu o apoio dos veciños e institucións da localidade irmá de Tui. O luns desprazáronse ata a zona técnicos da Dirección Xeral de Cultura do Norte, acompañados da ministra de Cohesión Territorial, Ana Abrunhosa, para avaliar a situación.

Debemos lembrar que a Fortaleza de Valença ten a súa orixe no século XVII, e está clasificada como Monumento Nacional dende 1928. De feito, estaba a valorarse unha candidatura da fortaleza a Patrimonio Mundial. A Cámara Municipal xa pediu axuda ao Goberno portugués, polo que se espera que nas próximas semanas comece o proceso de análisis e estudo para a súa restauración.

 

 

Danos na muralla de Ciudad Rodrigo

 As intensas choivas tamén afectaron a unha parte da muralla medieval de Ciudad Rodrigo (Salamanca), que se derrubou preto da catedral. A Policía Local xa acordoou a zona, e o Ministerio de Cultura deberá valorar os danos para que poida iniciarse o proceso de reconstrución.

Noticias Relacionadas