Galicia e o Norte de Portugal traballan na creación dun «Clúster» Transfronteirizo de Turismo

As empresas do sector turístico ven un gran potencial no mercado ibérico

Comparte el artículo:

A creación dun «Clúster» Transfronteirizo de Turismo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é un proxecto no que levan meses traballando os representantes dos sectores turísticos de ambos os lados do Miño. A última reunión acábase de producir no Porto, na sede da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), despois de que no mes de maio se realizase na mesma cidade un encontro con máis de trinta empresas para avanzar nesta cuestión.

Nesta última reunión participaron o presidente e o vicepresidente da CCDR-N, António Cunha e Beraldino Pino; representantes da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT); a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira; a responsable da área de Calidade e Proxectos Europeos da Axencia Turismo de Galicia, Laura González-Dopeso; unha representación de Turismo do Porto e Norte, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal. Os diferentes líderes institucionais mostraron a súa disposición para traballar conxuntamente e presentar esta candidatura ao Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP).

O proxecto xa está incluído no Plan Director de Turismo 2021-2023: «Galicia Destino Seguro», elaborado pola Xunta, o Clúster Turismo de Galicia e as tres universidades galegas. A súa posta en marcha supón un gran noticia para o sector, cuxas empresas ven o interese que o mercado ibérico pode espertar noutros continentes, como o asiático e o americano.

Noticias Relacionadas