As restricións para viaxar a Portugal mantéñense no mes de setembro

Aínda que as viaxes dende España a Portugal están permitidos, hai que ter en conta que o país luso ten establecidas certas limitacións

Comparte el artículo:

As viaxes de España a Portugal son moi frecuentes, tanto por lecer como por traballo, principalmente en rexións de fronteira como Galicia. Con todo, a pandemia provocada pola Covid-19 fixo necesaria a adopción de restricións nos países ibéricos, que se manteñen en setembro.

No que respecta ás viaxes terrestres, na fronteira non hai controis nin é necesario acreditar ningún certificado sanitario. Agora ben, nos aeroportos si que hai determinadas esixencias, como presentar un test PCR negativo cunha antelación máxima de 72 horas, un test de antíxenos realizado 48 horas antes, ou o Certificado COVID Dixital da UE, coa pauta de vacinación completa dende hai máis de 14 días.

Se falamos do comercio e a hostalería, Portugal deixou de ter toque de queda, pero persisten as limitacións nos aforos (oito persoas en mesa interior e 15 no exterior). Xunto a iso, no interior de bares e restaurantes será necesario presentar o «pasaporte Covid». Tamén no acceso a hoteis e eventos con 500 persoas (interior) ou 1000 en exterior. Outra opción sería presentar unha PCR ou un test de antíxenos negativo (72 e 48 horas respectivamente). Unhas condicións non requiridas para menores de 12 anos. Así mesmo, o lecer nocturno permanece pechado.

O ritmo de vacinación (pauta completa) en España e Portugal é similar, co país luso con máis do 70% da poboación vacinada e España alcanzando estes días esa cifra. Uns dos índices de vacinación máis altos da Unión Europea.

Noticias Relacionadas