Empeza a rodaxe da serie galego-portuguesa «Motel Valkirias»

A TVG e a RTP participan nesta producción

Comparte el artículo:

O Hotel Congreso de Teo (A Coruña) acolleu a primeira xornada de rodaxe de «Motel Valkirias», unha serie de ficción coproducida por CTV (Galicia) e SPi (Portugal), coa participación da Televisión de Galicia e a Radio e Televisión de Portugal. O proxecto tamén conta co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, o Xacobeo 21-22 e a Câmara Municipal de Montalegre. Os promotores anunciaron que a serie será emitida en galego «nunha recoñecida plataforma de streaming».

A produción está ambientada nun aloxamento transfronteirizo entre Galicia e Portugal. Alí, tres mulleres, Lucía, Eva e Carolina atópanse con Eligio, un cliente do motel. As tres mulleres, que teñen problemas económicos e sociais, uniranse para roubar a este home (sen ser conscientes de que pertence a unha banda moi perigosa). A través desta historia, búscase conxugar drama, suspense e humor. A serie terá oito episodios de 50 minutos. A rodaxe realizarase tamén noutras localizacións da provincia, como Santiago e Vedra.

«Motel Valkirias» foi creada por Ghaleb Jaber Martínez, escrita por Patricia Müller, e dirixida por Álex Sampaio e Jorge Queiroga. Está protagonizada por María Mera, Maria João Bastos, Mariña Mota e Chechu Salgado. O seu obxectivo é mandar unha mensaxe de empoderamento feminimo e superación persoal; converténdose noutro éxito televisivo, como sucedeu coas últimas coproduccións galego-portuguesas.

Noticias Relacionadas