Estudantes de Galicia e Portugal reúnense para o peche do proxecto «FunCAP»

Esta iniciativa tratou de difundir entre a mocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal os beneficios da Política Agraria Común (PAC)

Comparte el artículo:

Estudantes e profesores de Galicia e Portugal, ao redor de medio centenar, reuníronse este 14 de xuño en Muiños (Ourense), para o acto final do proxecto «FunCAP». Unha iniciativa liderada pola Fundación Juana de Vega e financiada polo Programa de medidas de información no ámbito da política agrícola común (IMCAP), que tratou de difundir entre a mocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal os beneficios que achega a Política Agraria Común (PAC).

En total, máis de 500 estudantes, e un total 15 centros de ensino (sete en Galicia e oito en Portugal), participaron nos últimos meses en seminarios sobre o presente e o futuro das axudas da PAC. Unha política europea que, segundo se destacou «contribúe a manter o nivel de renda e a calidade de vida das comunidades rurais». Neste sentido, a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal mantén unha alta proporción de poboación rural, con vínculos sociais, económicos e culturais.

O proxecto «FunCAP», ademais de permitir á mocidade galego-portuguesa compartir experiencias con técnicos, profesores, agricultores e gandeiros (entre outros), serviu para reforzar o coñecemento crítico; tentando combater as fake news sobre o sector. Ademais, fíxose fincapé no coidado do territorio como sinónimo de sustentabilidade;  esencial para o cumprimento do Pacto Verde Europeo.

Noticias Relacionadas

A hora da Liberdade

Agora que estamos a poucas horas (mais precisamente sete) do dia em que comemoramos os cinquenta anos da Revolução dos Cravos está na altura de