A XI marcha de Transtrevinca «uniu» Portugal, León, Galicia e Zamora

Os organizadores destacaron que nesta ruta «pobos, comarcas, rexións e nacións únense ao redor da montaña de Trevinca e todo o seu patrimonio natural e cultural»

Comparte el artículo:

A XI edición da marcha de Transtrevinca acaba de celebrarse con motivo do día do Medio Ambiente. Co obxectivo de «unir» Portugal, León, Galicia e Zamora, o Club de Montañismo Sanabria organizou esta andaina transfronteiriza en defensa da integridade do territorio e contra os intereses económicos que ponen en perigo os ecosistemas da zona.

Esta é unha andaina concibida para ser inclusiva e interxeracional; participando persoas de diferentes países e idades. O punto de partida foi Puebla de Sanabria, pasando polas localidades de El Puente, Galende, Pedrazales e Vigo de Sanabria. Dende Vigo de Sanabria ascendeuse polo canón do Forcadura á Laguna de los Peces onde, tras un descanso, retomouse a marcha cara Peña Trevinca, e de novo á Laguna de los Peces. Ao rematar, os integrantes da marcha comentaron as súas impresións e disfrutaron da tranquilidade e da riqueza natural do entorno.

As montañas de Trevinca-A Veiga están cargadas de lendas; sendo historicamente un punto de confluencia das culturas ibéricas. A elección desta zona ten un importante simbolismo á hora de realizar reinvindicaciones e de organizar eventos de confraternización. Os organizadores destacaron que é unha ruta na que «pobos, comarcas, rexións e nacións únense ao redor da montaña de Trevinca e todo o seu patrimonio natural e cultural».

Noticias Relacionadas