O Centro Galego de Lisboa conmemora os seus 113 anos de historia

Na celebración fíxose entrega de emblemas aos socios máis veteranos

Comparte el artículo:

A Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa, cuxa fundación se remonta a novembro de 1908, é unha asociación que desenvolve actividades destinadas a «difundir e dar a coñecer a cultura e as tradicións galegas». Cunha ampla historia, as súas accións están baseadas na amizade e o compañeirismo; procurando manter os valores, costumes e usos de Galicia, así como fomentar o intercambio cultural con outras comunidades.

A asociación acaba de conmemorar os seus 113 anos celebrando unha misa en memoria dos membros falecidos, e facendo entrega de emblemas aos membros máis veteranos (25 e 50 anos de traxectoria).

O acto estivo precedido por unhas palabras do presidente do Centro Galego, Álvaro Moreira, en agradecemento á presenza do conselleiro de Educación da Embaixada de España; do director do Instituto Español Giner dos Ríos en Lisboa; do presidente da Sociedade Española de Beneficencia, e da directiva da Asociación de Empresarios Galegos en Portugal (AEGAP), ademais dos asociados presentes.

Foi un acontecemento no que tamén se inaugurou a galería de presidentes desta institución; finalizando cun brinde, que foi amenizado polos gaiteiros do grupo Anaquiños da Terra e pola Escola Celia Neves.

Noticias Relacionadas