O Festival Atlántica de narración oral encherá de contos Galicia e Portugal con 42 espectáculos e 38 narradores

O obxectivo de Atlántica é democratizar a cultura levándoa a todos os recunchos, tanto rurais como urbanos

Comparte el artículo:

A undécima edición do Festival Atlántica de narración oral terá lugar do 1 ao 9 de xullo en 24 concellos de Galicia; e chega, por primeira vez, a Portugal. En concreto, o festival celebrarase na Coruña; A Estrada; A Pobra do Caramiñal; Alfoz; Boiro; Brión; Carnota; Castro de Rei; Chantada; Cuntis; Dodro; Ferrol; Mondoñedo; Mugardos; Ourense; Outes; Paderne; Pobra de Trives; Rianxo; Ribeira; Sanxenxo; Santiago de Compostela; Teo; Vigo; e en Pitões Dás Júnias (Portugal).

Un total de 42 espectáculos protagonizados por 38 narradores procedentes de Cuba, Portugal, Cataluña, Zamora e Galicia, con historias para públicos de todo tipo e novas estreas. As funcións serán con entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

No acto de presentación explicouse que a lata de conservas do cartel deste ano fai alusión á idea de «conservar». «Hai xente que é de conservar ideais, soños, de conservarse ben, pero nós decidimos conservar memoria», relatou a directora de Atlántica, Soledad Felloza.

O director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, salientou que este «mar de contos» é único na península. Tamén se insistiu na idea de que a concepción de Atlántica é democratizar a cultura levándoa a todos os recunchos, tanto rurais como urbanos.

Noticias Relacionadas

Elecciones en el «retalho» catalán

Los paralelismos entre Portugal y Cataluña son variados y significativos. El más conocido es el de índole histórica y se refiere a la época de