O rei Felipe VI inaugura a III edición do «Foro La Toja»

Durante tres días debatiranse os principais retos que terá que afrontar a sociedade nas próximas décadas

Comparte el artículo:

A III edición do «Foro La Toja» foi inaugurada polo Rey Felipe VI este mércores día 29. Trátase dun evento moi característico, que se celebra na Illa da Toxa (Pontevedra), e que durará ata o venres 1 de outubro; sendo clausurado polo presidente do Goberno de España. Ao longo destes días, desenvolveranse relatorios e debates de representantes económicos, sociais e políticos. Algúns dos temas que se tratarán son relativos ao financiamento autonómico; o fortalecemento da cooperación ibérica; a crise da democracia, e os retos do futuro a nivel climático e tecnolóxico.

Na sesión inaugural participaron a vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e Amancio López Seijas, presidente do Grupo Hotusa, xunto a Felipe VI. No acto premiouse a Anxo Gurría, exsecretario xeral da OCDE, pola súa traxectoria. Anxo Gurría destacou: «Hoxe reunímonos para celebrar, defender e consolidar o multilateralismo». Nadia Calviño puxo de manifesto: «Paréceme que é oportuno ter foros de debate como este, sobre todo agora que estamos nunha encrucillada onde decidir como queremos dirixir a nosa economía e o noso país».

Estes días tamén estarán presentes o primeiro ministro de Portugal, António Costa; o ministro de Exteriores portugués, José Manuel Albares; o gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de Cos; o ministro de Asuntos Exteriores portugués, Augusto Santos Silva, así como os expresidentes Felipe González e Mariano Rajoy, entre outros.

O «Foro La Toja» naceu fai tres anos como un lugar de encontro para a reflexión e o debate en profundidade dos retos do noso tempo, no que participan xestores políticos e económicos, así como pensadores e especialistas dos máis diversos campos.

Noticias Relacionadas