Os concellos fronteirizos do Miño reclaman unha rede ferroviaria de proximidade

Os municipios do sur de Galicia piden unha conexión de acceso ao Eixo Atlántico, ao AVE e aos trens portugueses

Comparte el artículo:

A Xunta, os alcaldes dos municipios fronteirizos e o sector ferroviario de CCOO-Pontevedra acordaron solicitar ao Goberno de España un plan para reestruturar e impulsar un tren de proximidade no Miño. Todos os representantes coincidiron na urxencia de modernizar os servizos e as infraestruturas dunha rede de transporte histórica, pero abandonada. Un plan que tería como obxectivos mellorar a mobilidade na fronteira e revitalizar o seu rural.

Para iso, puxéronse sobre a mesa diferentes propostas. Os alcaldes e os membros de Comisións Obreiras ven na intermodalidade a forma de asegurar a continuidade das comunicacións. Tamén novos horarios, xa que denuncian que a descoordinación entre autobuses e trens, así como unha frecuencia case inexistente destes últimos fai imposible materializar unha nova realidade. A rehabilitación das estacións, sinalaron, daría ademáis a oportunidade de ofrecer servizos complementarios como taxis, alugueiro de vehículos privados, estacionamento de bicicletas ou puntos de recarga para vehículos eléctricos.

Este sería o deseño de partida para conseguir unha plena converxencia entre os distintos medios de transporte, e así conectar a todo o ámbito municipal da fronteira. Con especial atención a Portugal, dado que moitas persoas viven e traballan a ambos lados da «Raia». A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ten claro que hai que aproveitar os fondos europeos do Corredor Atlántico para estes fins.

Noticias Relacionadas