A AECT Rio Minho e os concellos raianos de Galicia e o Norte de Portugal habilitaron unha páxina para que os cidadáns poidan expresar as súas demandas e preocupacións no ámbito transfronteirizo. Trátase, pois, dunha iniciativa que pretende dar voz aos cidadáns na toma de decisión das actuais (e futuras) eurocidades.
Estas consultas, que se realizan a través de formularios en liña por cada núcleo de poboación, foron elaborados por diferentes grupos de traballo en base a cuestións como mobilidade; vivenda; patrimonio; cultura; economía circular; igualdade… Todo isto, enmarcado na elaboración das Axendas Urbanas Transfronteirizas do Río Miño, que involucra aos municipios de Melgaço-Arbo-As Neves-A Cañiza-Crecente; Caminha-A Guarda-O Rosal, e á Eurocidade Tomiño-Cerveira.
As persoas interesadas en participar teñen ata o 15 de xaneiro. A enquisa atópase dispoñible na seguinte ligazón.