«Porto Barrel Aged»: a nova cervexa ibérica de Estrella Galicia e Nortada

A cervexeiras Estrella Galicia e Nortada (Portugal) comercializan unha receita madurada durante seis meses en barricas de viño de Oporto

Comparte el artículo:

A colaboración gastronómica entre España e Portugal segue reforzándose para ter a mellor oferta do mundo. E un bo exemplo diso é a cervexa ibérica que Estrella Galicia e Nortada (Portugal) acaban de presentar. Esta nova receita, denominada «Porto Barrel Aged», é o resultado de combinar o coñecemento cervexeiro galego cos procesos tradicionais do viño de Oporto.

Para lograr esta fusión, empregáronse como ingredientes tres tipos de malta e lúpulo Nugget de orixe galega, nunha combinación madurada durante seis meses en barricas de madeira. Unhas barricas onde repousaron durante décadas viños da variedade Tawny; impregnando uns matices propios na madeira, e outorgando un carácter único a esta nova proposta cervexeira.

Dende Nortada consideran que, a pesar de que foi un reto complexo pola hidratación e almacenamento dunhas pipas con máis de 50 anos, o resultado é inigualable. Ademais, encomiaron a calidade dos materiais cos que traballa Estrella Galicia, así como a estreita colaboración que houbo entre os equipos. Unha apreciación que é recíproca por parte dos seus socios galegos, que cren que nesta cervexa aglutínanse as identidades das dúas rexións. «Porto Barrel Aged» convértese, deste xeito, na edición número 18 do proxecto de Estrella Galicia.

Noticias Relacionadas

A hora da Liberdade

Agora que estamos a poucas horas (mais precisamente sete) do dia em que comemoramos os cinquenta anos da Revolução dos Cravos está na altura de