Proxecto «112 Transfronteirizo»: Galicia e o Norte de Portugal compartirán o servizo de urxencias médicas

Grazas a este acordo os pacientes poderán ser trasladados ao seu país se así o deciden

Comparte el artículo:

O municipio de Valença do Minho foi testemuña da firma do acordo para crear o «112 Transfronteirizo». Un proxecto-piloto que permitirá que Galicia e o Norte de Portugal compartan o servizo de urxencias médicas; dando a posibilidade aos usuarios de decidir onde queren ser atendidos. Trátase do primeiro servizo de emerxencias médicas interrexional entre territorios de España e Portugal.

No acto estivo presente o Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, que defendeu o gran avance que esta colaboración supón; criticando a idea de que houbese que «cambiar de ambulancia na fronteira».

Tamén estiveron presentes a secretaria de Estado de Promoção da Saúde, Margarita Tavares; a secretaria de Estado do Desenvolvimento Rexional, Isabel Ferreira, e o presidente do INEM, Luís Meira; así como António Cunha, presidente da Rexión Norte de Portugal. Esta rexión lusa pronto contará coas súas propias competencias sanitarias (ata o momento centralizadas en Lisboa).

A iniciativa está integrada pola Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e o INEM (Instituto Nacional de Emergência Médica). Con todo, a pesar de ser un acordo histórico, o colectivo de bombeiros da eurorrexión mostrouse molesto por non formar parte do mesmo, xa que argumentan que son eles os que se ocupan da maior parte das emerxencias transfronteirizas.

Noticias Relacionadas