Proxecto «Valornature»: a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal impulsa a economía circular

A cooperación galaico-portuguesa, no ámbito da I+D, e a transferencia de coñecemento e tecnoloxía reforzan a aposta da eurorrexión pola transición enerxética e a innovación

Comparte el artículo:

O proxecto «Valornature» para o impulso da economía circular na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal creou xa 30 materiais facendo uso de residuos do sector primario. Este Centro de Excelencia en Materiais Avanzados Sostibles está liderado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), o Polo de Innovación en Enxeñaría de Polímeros (PIEP) da Universidade do Minho, e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). Un proxecto que involucra a máis de 50 institucións e empresas, e que conta con 2,3 millóns de euros do Programa Interreg.

«Valornature é un verdadeiro ecosistema de innovación e transferencia de tecnoloxía», declarou o director do proxecto, Bruno Pereira da Silva. «Permite dar resposta ás necesidades do sector empresarial en toda a Eurorrexión e, así, incrementar os niveis de competitividade industrial, reducir a taxa de paro e afirmar a resiliencia deste territorio con máis de 6,4 millóns de habitantes», continuou manifestando.

Os resultados deste proxecto difundíronse o mércores 14 de xullo nunha sesión celebrada na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. A ela asistiu o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, que sinalou que este centro de investigación consolida á Eurorrexión como territorio referente no aproveitamento de recursos naturais agroforestais, mariños e extractivos (con aplicacións no sector automovilístico; aeronáutico; naval; construtivo e deportivo). Tamén se fixo alusión ao apoio do talento e o emprendemento con este tipo de propostas.

Este proxecto galego-portugués logrou a creación de diversos materiais sostibles trala avaliación dos recursos endóxenos do noroeste ibérico. Realizáronse produtos como embalaxes cosméticos; mobiliario; pezas para vehículos; estruturas de construcción; equipamento deportivo con laminado… e desenvolveuse un prototipo de fibra de carbono verde, entre otros adiantos. Concretamente, determináronse as calidades de diferentes residuos como no que respecta á biomasa de xesta; toxo; oliveira; kiwi; vide; cuncha de mexillón, po de pedra e restos industriais.

Noticias Relacionadas