Restricións para entrar en Portugal: documentación necesaria e excepcións

Portugal decreta o «estado de calamidade» e anuncia restricións no país

Comparte el artículo:

Acceso a Portugal

O Goberno de Portugal decretou novas restricións ante o avance da variante «Ómicron» do coronavirus. Unhas medidas que se manterán vixentes dende o día 1 de decembro ata, polo menos, o 9 de xaneiro de 2022. Deste xeito, aínda que a fronteira terrestre entre España e Portugal seguirá aberta e con libre circulación, os axentes portugueses realizarán controis aleatorios, onde solicitarán o certificado de vacinación.

Sen embargo, para os cidadáns que entren en avión no país, ou para cidadáns que non pertenzan á UE ou proveñan de países de risco alto, ademais do certificado de vacinación, será obrigatorio a presentación dun test negativo (PCR 72 horas previas e antíxenos 48 horas como máximo).

Medidas dentro de Portugal

Unha vez en territorio portugués, hai que ter en conta as medidas de protección vixentes. Por exemplo, a máscara é obrigatoria en espazos pechados e o certificado de vacinación é necesario para acceder a restaurantes; hoteis; establecementos turísticos; ximnasios; discotecas e bares de copas (aínda que estes dous últimos lugares estarán pechados entre o 2 e o 9 de xaneiro). E non só iso, senón que ademais do certificado Covid, tamén será obrigatoria unha proba negativa para visitas a pacientes e no acceso a grandes eventos. Con todo, estas medidas poden ir variando.

Noticias Relacionadas