Revisión da fronteira nas augas do río Miño

Este acto da cumprimento ao Tratado de Lisboa de 1864, no que se define a fronteira entre España e Portugal

Comparte el artículo:

Como cada ano, as autoridades españolas embarcaron no patrulleiro «Cabo Fradera» dende a Comandancia Naval de Tui para acudir ao encontro do patrulleiro portugués «Río Minho». Neste acto, os alcaldes e alcaldesas da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra de Miño, As Neves e Arbo reuníronse cos autarcas das Cámaras Municipais de Caminha, Vilanova de Cerveira, Valença e Monção para firmar a Acta de Recoñecemento da Liña de Fronteira no río Miño. Un evento simbólico celebrado en pleno Miño no que tamén estiveron presentes membros da Armada Española e da Marinha Portuguesa; dando cumprimento ao Tratado de Lisboa de 1864, no que se define a fronteira entre España e Portugal.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra mostrou a súa disposición en avanzar no intercambio de iniciativas e impulsar proxectos fronteirizos. Tamén subliñou a importancia da área do Miño por ser un punto de encontro entre territorios irmáns. Un acto de unión, coincidiron todos os presentes, que representa a circunstancia histórica dunha fronteira que cada vez é menos visible.

A Comandancia Naval do Miño, pertencente ao ministerio de Defensa, é a institución encargada de velar polo cumprimento dos tratados internacionais subscritos entre España e Portugal relativos ao Tramo Internacional do río Miño. O comandante naval de Tui, Pablo Redondo, copreside, xunto co capitán do Porto de Caminha, a Comisión Permanente Internacional do río Miño, máximo órgano de decisión sobre as propostas relativas ás condicións do Tramo Internacional do Miño.

Noticias Relacionadas

A hora da Liberdade

Agora que estamos a poucas horas (mais precisamente sete) do dia em que comemoramos os cinquenta anos da Revolução dos Cravos está na altura de