A «Raia» vive o Nadal

A fronteira énchese de cor, con mercados e diferentes eventos culturais para celebrar as festas do Nadal

Comparte el artículo:

O Nadal xa está aquí. As vilas raianas de Galicia e o Norte de Portugal únense para decorar as súas rúas, gozar da súa música e organizar eventos culturais. Aínda que a atención mediática lévana as grandes cidades, mostras como o mercado de Nadal en Monção (Portugal), ou o belén artesanal en movemento de Gondomar (Pontevedra), entre outras, enchen a «Raia» con arte, alegría e actividades para os máis pequenos. Con todo, algúns eventos tiveron que adaptarse polas últimas medidas sanitarias provocadas pola Covid-19.

Dámosvos as grazas por este ano, e anhelamos un 2022 cargado de novos soños (e proxectos transfronteirizos).

Dende EL TRAPEZIO desexámosvos un Feliz Nadal ibérico! 

Noticias Relacionadas