A Xunta de Galicia celebra o Día de Europa coa mocidade portuguesa

Varios xóvenes do municipio portugués de Ponte da Barca foron recibidos na capital galega

Comparte el artículo:

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, recibiu en Santiago de Compostela a José Alfredo Pereira Bastos Oliveira, vicealcalde do municipio portugués de Ponte da Barca; quen asistiu acompañado dunha delegación de mozos e mozas da súa localidade. A visita tivo lugar con motivo da celebración do Día de Europa.

Esta data resulta moi especial para os países europeos, porque representa a unión e a prosperidade nun marco de paz e diálogo no continente. Pero tamén é especial a nivel ibérico, polos valores que España e Portugal comparten. Valores que forman parte do conxunto europeo dende a adhesión polos dous Estados Membros en 1986. Nese sentido, Jesús Gamallo recordou que a cooperación transfronteiriza é esencial para asegurar o proceso de integración.

Na reunión destacouse a necesidade de defender «as liberdades públicas, o Estado de Dereito, a democracia e os Dereitos Humanos», como fundamentos da Unión Europea. Un diálogo no que se recoñeceu a complicidade de España e Portugal na concepción dun proxecto de futuro compartido. Todo dentro dunha Europa forte e presente nos retos que se plantexan no ámbito internacional.

Noticias Relacionadas