Éxito de participación no 16º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia e o Norte de Portugal

O evento, organizado por Culturmar, Os Patexeiros e o Concello de Sada, reuniu a máis de 40 colectivos de Galicia e o Norte de Portugal

Comparte el artículo:

O Porto de Fontán (Sada) foi o escenario do peche do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais. Un evento de tres días (do 3 ao 6 de agosto) que congregou a numerosos barcos, cun amplo programa de actividades culturais centradas no mar. Co apoio da Xunta e da Deputación da Coruña, este encontro atraeu a máis de 40 asociacións de Galicia e o Norte de Portugal, que compartiron as súas experiencias e coñecementos.

No acto oficial de clausura despedíronse as diferentes tripulacións participantes. Nese momento, o presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), José Luis Sacau, fixo fincapé no mar como «un lugar de encontro; un camiño de comunicación; de aprendizaxe; de intercambio; de amizade, e tamén de desafíos que superamos xuntos».

Durante estes días, os asistentes gozaron de obradoiros; exposición; conferencias; xogos infantís, música e baile tradicional, así como de paseos en barco pola ría. Ademais, levouse a cabo o tradicional mercado «mariñeiro», onde se puideron adquirir produtos artesanais e gastronómicos típicos da zona.

Noticias Relacionadas