ASICOTUR: I Congreso de Cooperación Turística (en clave iberoamericana)

Portugal e o mundo iberoamericano destacáronse neste congreso como aliados para elaborar unha oferta cultural e de servizos completa

Comparte el artículo:

A Asociación Internacional para a Cooperación Turística (ASICOTUR) clausurou en Santiago de Compostela o seu primeiro congreso de cooperación turística. Un evento no que estiveron presentes diferentes organizacións como a Organización Mundial do Turismo; a Rede Mundial de Turismo de Compras ou a Secretaría de Integración Turística Centroamericana. Tamén institucións nacionais e rexionais como o Instituto Nacional de Promoción Turística (Arxentina); o Instituto para a Calidade Turística de España; Turismo de Galicia ou a Secretaría de Turismo do Estado de Tamaulipas (México).

Destacou a participación de representantes do sector privado procedentes de Arxentina; Bolivia; Brasil; Chile; Colombia; España; Filipinas; Guatemala; México; Mozambique; Panamá; Portugal e a República Dominicana, que compartiron experiencias e abordaron as necesidades existentes no sector turístico internacional.  Mesas de debate como «boas prácticas de cooperación no espazo iberoamericano» ou «casos de éxito de cooperación transfronteiriza» puxeron o acento ibérico na xornada, na cal se asinaron varios convenios entre institucións de España e Portugal. Un total de corenta países seguiron o congreso, tanto de forma presencial como virtual.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, exerceu como embaixadora da comunidade mostrando o éxito da dinamización do turismo galego. Unha fórmula na que se combinan natureza; patrimonio; gastronomía e «destino seguro». Ademais, ante os retos da globalización e a competitividade, destacouse a Portugal e o mundo iberoamericano como aliados para elaborar unha oferta cultural e de servizos completa.

Noticias Relacionadas