A Eurocidade Tui-Valença aspira a converterse na primeira eurocidade unida por un vehículo autónomo e sostible. Trátase dun proxecto en pleno desenvolvemento, cuxo prototipo acaba de ser testado por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e José Carpinteira, presidente da Cámara de Valença. Un vehículo deseñado polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), e que actualmente se atopa en probas.
Tui é un dos concellos de España que conseguiu fondos europeos para a redacción dunha estratexia de crecemento sostible, na que participa o municipio de Valença. Ambos os alcaldes están convencidos da oportunidade deste proxecto para a mellora da mobilidade, e non se conforman con viaxes só na antiga ponte internacional do Miño, senón que queren que sexa plenamente operativo entre os dous centros históricos.
O CTAG leva meses traballando con este novo vehículo sobre o terreo. Estase a utilizar a tecnoloxía «5G» para lograr mellorar a condución autónoma en contornas complexas (zonas urbanas e transfronteirizas). Por exemplo, nestes últimos días realizáronse probas de detección de peóns. Con todo, aínda que a condución é totalmente autónoma, no vehículo debe estar presente un supervisor (dada a lexislación actual). Se o proxecto segue cultivando éxitos, será presentando de forma oficial e situará á Eurocidade Tui-Valença como unha comunidade referente da innovación europea.