Un novo Camiño de Santiago: a ruta portuguesa da Geira gaña forza entre os peregrinos

O Arzobispado recoñeceu este traxecto no ano 2019 e cada ano suma máis adeptos

Comparte el artículo:

O Camiño da Geira e dos Arrieiros é un dos cinco camiños que levan a Compostela. Ten o seu inicio na cidade lusa de Braga; e, aínda que xa no ano 2017 había peregrinos que o coñecían, non foi ata o 2019 cando o Arzobispado recoñeceu este traxecto e fixéronse oficiais as súas cifras de peregrinación.

Este camiño só está sinalizado na súa parte inicial, no tramo que vai dende a cidade de Braga ata a localidade de Terras de Bouro, e conta tamén con indicacións nos seus últimos 90 quilómetros, que se extenden dende Beade ata Santiago. Por iso, recoméndase levar un «GPS» ou app similar no móbil, para que o peregrino se oriente nos tramos sen sinalizar ou con varias desviacións.

O novo traxecto segue sumando peregrinos, consolidándose progresivamente como ruta xacobea, a pesar das restriccións provocadas pola pandemia, que fixeron que o camiño non se reactivase ata o verán, xa que a fronteira entre España e Portugal permeneceu pechada no primeiro semestre do ano.

Dende o seu estreo, o Camiño da Geira e dos Arrieiros suma ao redor de 1.800 peregrinos, con máis de 500 rexistrados este ano nos puntos de selado de credenciais; parada necesaria para obter a «Compostelana», que é o documento que certifica que se realizou o Camiño de Santiago.