A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Judith Fernández, acompañou a un grupo de 228 estudantes de Bacharelato na súa partida dende a Cidade da Cultura cara a estadía lingüística que van desenvolver en Canadá. A expedición forma parte dos case 640 alumnos que viaxarán este mes a este país, a Reino Unido, Francia, Alemaña e Portugal para disfrutar das bolsas que ofrece a Xunta de Galicia para mellorar as competencias en idiomas.
Esta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras «Edulingüe 2030», ademáis da aprendizaxe doutras linguas, busca o contacto dos alumnos con outras persoas e realidades. Unha actividade que trata, pois, de contribuir ao desenvolvemento académico e persoal do alumnado, dándolle a oportunidade aos participantes de coñecer outras visións do mundo e comprobar os nexos culturais a nivel europeo e ibérico.
As estadías teñen unha duración de tres semanas en réxime residencial ou familiar, e desenvólvense neste mes de agosto. O programa inclúe unha axuda para as familias a través da que se sufraga entre o 87% e o 50% do custo das estancias dos estudantes (mantemento, actividades e aloxamento) nos devanditos países, cun orzamento total que ascende a preto de dous millónms de euros.