A nova «identidade dixital europea» coa que os cidadáns poderán facer uso de servizos

Mediante unha innovadora «carteira dixital», os cidadáns comunitarios poderán identificarse, xestionar trámites e acceder a servizos en toda a UE

Comparte el artículo:

A Unión Europea está a terminar de perfeccionar o seu sistema de identidade dixital, co que os cidadáns de todos os países comunitarios poderán acreditar a súa identidade, realizar trámites ou facer uso de servizos. Esta aplicación permitirá que, desde calquera dispositivo, e previa identificación inequívoca, calquer cidadán europeo poida facer uso do seu permiso de conducir; pasar un control ou formalizar contratos, entre otras posibilidades. Tamén será posible darse de alta en webs oficiais da Administración, pagar impostos e taxas, ou xestionar reservas. O prazo que se manexa para que este sistema estea completamente operativo é dun ano.

«A identidade dixital europea permitiranos facer en calquera Estado membro, sen custos adicionais e con menos obstáculos, o que facemos en casa, xa sexa alugar un piso ou abrir unha conta bancaria fóra do noso país. E poderase facer de maneira segura e transparente. Poderemos decidir canta información nosa queremos compartir, con quen e para que. É unha oportunidade única para profundar todos no que significa vivir en Europa e ser europeo», declarou Margrethe Vestager, comisaria europea de Competencia. O obxectivo é reducir os trámites burocráticos na Unión e protexer os datos persoais. Estímase que o sector da identidade dixital pode superar o 10% do PIB en 2030.

DNIe 4.0 de carácter europeo

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, presentou o día 2 de xuño o coñecido como «DNI europeo», a versión electrónica «4.0» do documento nacional de identidade. Este novo formato adáptase á normativa europea, e incorpora novas medidas de seguridade. Tamén se introduce a denominación en inglés (National Identity Card) e o código de dúas letras do Estado membro («ES»). Así mesmo, ademais da imaxe facial do titular do documento, estarán rexistradas dúas impresións dactilares en formatos dixitais.

A nivel operativo, vaise desenvolver unha app na que se garde a identidade e a firma electrónica, e estase ultimando o lanzamento do DNI Exprés, un sistema de expedición semiautomático que reducirá os tempos de espera. A validez dos DNIe será de cinco anos como mínimo, e de dez como máximo. Os que non cumpran os requisitos establecidos deixarán de ser válidos o 3 de agosto de 2031. O DNIe 4.0 mantén as súas diferenzas respecto a a identidade dixital da UE, que será unha base de datos, mentres que este documento vai máis aló da Administración electrónica. Agora ben, a tendencia é a confluír e lograr unha maior integración europea, como é o caso das coñecidas como «tarxetas de eurocidadáns».

Noticias Relacionadas