Galicia e Portugal marcan unha axenda común para a próxima década

As infraestruturas estratéxicas e a cooperación permanente son as bases que Feijóo e os líderes portugueses acordaron para unir o Eixo Atlántico e consolidar a eurorrexión

Comparte el artículo:

Alberto Núñez Feijóo realizou a súa terceira visita oficial a Lisboa o xoves 27 de maio, reuníndose tanto có primeiro ministro socialista, António Costa, como có presidente de Portugal, o conservador Marcelo Rebelo de Sousa. O obxectivo desta viaxe foi, ademáis de estreitar os lazos existentes entre estes dous pobos irmáns, abordar os grandes proxectos comúns que están pendentes a ambos lados da fronteira.

Alta velocidade, automoción e transición ecolóxica

António Costa comprometeuse có presidente galego a construír o tren de alta velocidade para unir Vigo e Oporto (55 minutos). Un proxecto que conseguiría conectar definitivamente Galicia có norte e centro de Portugal, ata Lisboa, nunhas tres horas; logrando unha integración total do Eixo Atlántico. «O primeiro tramo que se empezará a construír na parte portuguesa será o de Braga ata a fronteira con Galicia, orzado en 900 millóns de euros, a unha velocidade de entre 220 e 250 km hora, e cuxa obra está previsto que comece no 2025, unha vez finalizados os estudos de impacto ambiental», asegurou Feijóo.

Neste encontro tamén se analizou o futuro dos fondos europeos Next Generation (recordemos que Galicia presentou máis de 300 proxectos por valor de 20.000 millóns de euros), en relación aos sectores da automoción e a enerxía. «Portugal e Galicia son un polo ibérico da automoción moi importante», sinalouse, facendo referencia ás reservas de litio portuguesas e á industria automobilística galega. De feito, destacáronse as colaboracións empresariais que se están levando a cabo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, as cales poden lograr sinerxias para investimentos, tanto no que se refiere á electrificación e á produción, como no que respecta á expansión e desenvolvemento das enerxías renovables.

Xacobeo e cooperación transfronteiriza

Núñez Feijóo intercambiou ideas con Marcelo Rebelo de Sousa sobre a oportunidade que representa o Xacobeo 21-22 para reactivar o turismo e a economía de ambos territorios. Hai que ter en conta que 25 de cada 100 peregrinos que chegan a Santiago de Compostela fano a través dos dous Camiños portugueses. E o certo é que, tanto o roteiro do interior como o da costa están a experimentar un rápido crecemento, debido aos recursos patrimoniais, gastronómicos e naturais que ofrecen. Un diálogo entre ambos líderes que culminou có compromiso do presidente portugués de peregrinar a Compostela este mes de agosto.

O presidente galego aproveitou a ocasión para trasladar ós políticos portugueses as necesidades dos alcaldes da Raia. «Hai máis de 70.000 persoas que cruzan a fronteira diariamente», remarcou Feijóo, instando a «recuperar» as relacións «económicas, sociais e de veciñanza». Para iso, acordouse reforzar a eurorexión vertebrando o territorio, xa sexa a través de melloras nas conexións viarias (como é a conexión das localidades fronteirizas portuguesas con A Gudiña e Madrid), ou con iniciativas como o proxecto transfronteirizo Interlumes.

Finalmente, fíxose patente a importancia de colaborar e usar fondos de cohesión en actuacións transfronteirizas para que as autoridades españolas «prioricen os seus investimentos coa fronteira portuguesa» (Galicia e o norte de Portugal conseguiron 130 millóns nas últimas convocatorias do fondo POCTEP).

Noticias Relacionadas