Santiago de Compostela acolleu o «Encontro de Representacións e Identidades na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal», organizado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) no Museo do Pobo Galego. Neste evento participaron 30 expertos en antropoloxía, economía, historia e lingüística da eurorrexión; póndose en valor os 900 anos da identidade galaico-portuguesa. Unha identidade popular, insistiron, que resistiu a todo tipo de adversidades históricas entre España e Portugal (reinos, fronteiras…).
O presidente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, António Cunha, salientou que galegos e portugueses interrelaciónanse diariamente cruzando a fronteira do Miño. Unha comunidade cunha visión de futuro compartida, sinalou, onde constantemente se poñen en marcha proxectos europeos que logran superar todas as expectativas (Nortear, Iacobus, MC2, ARIEM+…). De feito, António Cunha cree que se o Norte de Portugal tivera un modelo de autonomía similar ao galego a colaboración entre os dous territorios podería profundizarse aínda máis.
Pola súa banda, Nuno Almeida, director da AECT Galicia-Norte de Portugal, pediu maior coordinación entre os 285 museos da eurorrexión; facendo fincapé nos lazos culturais das seis millóns de persoas que viven neste territorio. Almeida tamén insistiu en ampliar os programas de cooperación científica e universitaria, tras os éxitos que se teñen logrado nestes campos nas últimas iniciativas transfronteirizas.