O proxecto europeo «Smart Miño Plus» impulsa unha ponte colgante sobre o Miño entre As Neves e Monção

Esta nova ponte conectaría unha rede de sendas peonís a ambas as beiras do Miño, creándose tamén un centro de interpretación sobre a actividade do contrabando no século XX

Comparte el artículo:

O proxecto europeo «Smart Miño Plus», dentro da súa liña de «Promoción das dinámicas de mobilidade sostible na fronteira do río Miño», traballa na creación dunha ponte entre As Neves e Monção, que sería a primeira colgante e a sétima que une Galicia con Portugal. Unha nova infraestrutura peonil e ciclable, que permitiría conectar a rede de sendas verdes transfronteirizas nas dúas beiras do río.

A ponte colgante situaríase nunha zona rochosa estable, e con certa altitude; tendo en conta as posibles crecidas do río. O punto de actuación elexido é relativamente próximo, polo que só farían falla 100 metros de ponte para unir a Senda dos Pescadores coa ecopista lusa. Ademais, reconstruiríase un antigo posto da garda fronteiriza; creando un centro de interpretación do río Miño sobre a actividade do contrabando nos anos 60 e 70 do século XX.

No caso de levarse a cabo esta iniciativa producirase unha gran dinamización económica do territorio, sendo esta nova infraestrutura un potente atractivo turístico. Pero antes, esta obra de enxeñería debe ser aprobada polo programa de cooperación europeo POCTEP, onde a Deputación de Pontevedra e a AECT Río Minho están a traballar xa para conseguir fondos e facela realidade.

Noticias Relacionadas

Um acordo que vem a calhar (será mesmo?)

Feliz coincidência: na mesma semana em que publiquei meu último artigo – reclamando maior intercâmbio cultural entre os países lusófonos –, foi assinado um compromisso