Proxecto «Ecodestin»: Rías Baixas e Alto Minho convertidas nun referente náutico mundial

España e Portugal queren promocionar as súas rías e costas a través dunha oferta turística única

Comparte el artículo:

O proxecto «Ecodestin», cuxo obxectivo é a valoración do territorio a través do fomento e desenvolvemento das rías, ríos e da costa da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, conta cun investimento próximo aos dous millóns de euros, e está enmarcado no Programa INTERREG VA España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

A estratexia que segue esta iniciativa é a de impulsar o patrimonio natural (Rede Natura) e cultural (pazos, balnearios, fortalezas, restos arqueolóxicos…) nun contexto transfronteirizo, a fin de articular unha proposta diferenciadora. Os seus promotores consideran que a zona atlántica é xa un referente náutico, pero pouco desenvolvido dende un punto de vista turístico.

Có Miño como eixo central, Oporto e Santiago de Compostela configúranse como dúas cidades Patrimonio da Humanidade das que parte unha ampla oferta temática, e onde existe unha importante colaboración público-privada. Submarinismo, alugueiro de barcos, paseos gastronómicos en catamaráns… son algunhas das actividades que se desenvolven en zonas marítimas que están sendo acondicionadas. Mesmo se están recreando as escalas fenicias. O que se trata, pois, é de ofrecer un «produto diferente» que atraia ao público que noutras circunstancias optaría por Croacia ou Grecia, entre outros países mediterráneos.

Outro punto esencial nesta nova concepción é o achegamento do mundo náutico á contorna educativa e deportiva. Por unha banda, con talleres divulgativos nas escolas; e por outra, apoiando ás novas promesas en disciplinas acuáticas.

Noticias Relacionadas