Con el patrocinio de:

Reganosa e EDP: alianza ibérica de 780 millóns para un macroproxecto de «enerxía verde»

Estes investimentos estratéxicos prevén materializar unha planta de produción de hidróxeno, unha central hidroeléctrica e catro parques eólicos na área de As Pontes

Comparte el artículo:

Reganosa e o grupo portugués EDP estableceron unha alianza estratéxica para levar a cabo un gran proxecto enerxético na área de Ferrolterra, por un valor de 780 millóns de euros. As actuacións, que consistirán na construción dunha planta de hidróxeno, unha central hidroeléctrica e catro parques eólicos, desenvolveranse en As Pontes e outros sete concellos da zona. O obxectivo é a produción de enerxía renovable a gran escala; reindustrializando a zona, coa consecuente trasformación do modelo de produción enerxética e o cumprimento dos obxectivos de descarbonización europeos.

Unha vez conclúan os traballos, espérase xerar ao redor de 7.000 empregos directos e indirectos, con 400 só de mantemento. Rodrigo Díaz, director de Desenvolvemento de Negocio de Reganosa, asegurou que, da man de EDP, van converter a Ferrolterra na «capital da enerxía verde»; salvando postos de traballo, sobre todo tras o peche da central térmica das Pontes. Para iso, priorizarase a contratación de persoas da comarca.

Puntos crave do macroproxecto

O desenvolvemento deste macroproxecto supón a construción de tres grandes infraestruturas. En primeiro lugar, unha planta de elaboración de hidróxeno mediante electrólise (ata 100 MW; capacidade anual de 14.400 toneladas de H2). Tamén un complexo asociado de almacenamento enerxético, cunha potencia de xeración de 570 MW mediante unha central hidroeléctrica de bombeo, facendo uso da auga do lago de As Pontes e dun novo encoro.

Finalmente, construirase un complexo eólico de catro parques (270 MW), con turbinas de última xeración. Estes estenderanse polos municipios de As Pontes; A Capela; As Somozas; Cerdido; Moeche; Monfero; Valdoviño e Xermade. Case 1 GW de potencia verde en total. Iniciativa que opta aos fondos europeos «EU Green Deal – Next Generation», e está inmersa en plans e estratexias de enerxía, economía e clima de ámbito nacional.

Autorización administrativa para o futuro de Reganosa

O Ministerio para a Transición Ecolóxica concedeu a Reganosa a autorización administrativa para a terminal de gas natural licuado (GNL) de Mugardos (A Coruña), no porto de Ferrol, tras recibir en decembro de 2020 a declaración de impacto ambiental favorable (determinouse que a calidade das augas non empeorou – nin as comunidades bentónicas – pola construcción da planta, e a zona beneficiouse socioeconómicamente).

Noticias Relacionadas