Aida Tarrío e as irmás Sabela e Olaia Maneiro poñen voz a Tanxugueiras, un grupo musical que iniciou a súa andaina no ano 2016, e que acaba de converterse nunha revelación ibérica. A súa música parte dos cantares tradicionais galegos, facendo uso de sons innovadores e letras reivindicativas; coa finalidade de difundir a cultura popular e ensalzar a figura da muller.
O pasado mes de xaneiro, este trio presentou a súa candidatura no «Benidorm Fest», o festival para escoller a canción española a Eurovisión. A súa proposta, titulada “Terra”, tivo una gran acollida; sendo a favorita do público. De feito, obtiveron a máxima puntuación na votación popular, pero finalmente a suma destes puntos cos do xurado non permitiu a estas rapazas cumplir o seu soño eurovisivo. A proposta gañadora foi a doutra artista, Chanel, coa súa canción «SloMo». O Festival de Eurovisión celebrarase próximo 14 de maio na cidade italiana de Turín.
A pesar de todo isto, foron moitos os fans que eloxiaron o tema de Tanxuguerias, e que incluso se mostraron reivindicativos plantexando a opción de que as galegas representasen a Portugal. Recordemos que a elección da canción lusa ten lugar no Festival da Canção, no que xa hai 20 cancións candidatas. Moitos cidadáns portugueses mostráronse entusiasmados en redes ante esta posibilidade; querendo revivir o éxito de Salvador Sobral en 2017. Pero non é posible presentar «Terra» como candidata, tanto por estar vencido o prazo, como polos requisitos do propio festival, como ter a nacionalidade portuguesa.
As integrantes de Tanxugueiras están contentas por lograr poñer en valor a lingua e a cultura galega; facendo que os cidadáns ibéricos se identifiquen cunha canción que transporta ás orixes da cultura peninsular. Grazas a este descubrimento, moitas persoas están a interesarse polos bailes tradicionais, e incluso a venda de pandeiretas se incrementou significativamente, afirman dende o sector.