Veciños e alcaldes da Raia únense contra unha liña de alta tensión sobre o Miño

Esta infraestructura de 400 Kv podería afectar ao medio ambiente e á saúde pública

Comparte el artículo:

Arbo, As Neves, Melgaço e Monção son catro municipios fronteirizos da ribeira do Miño. Os seus habitantes levan anos discutindo a viabilidade dun proxecto que se iniciou en 2011, e que prevé a construción dunha liña de alta tensión (LAT) de 400 Kv, cun trazado dende Fontefría (A Cañiza, Pontevedra), ata o Norte de Portugal. Unha preocupación motivada polo gran impacto no medio ambiente e na saúde pública da zona afectada por esta infraestrutura.

Aínda que os proxectos transfronteirizos contan sempre cun amplo apoio da poboación local, esta liña de alta tensión non foi deseñada de forma consensuada. Os afectados ven como esta infraestrutura pode chegar a alterar a fauna e flora dos diferentes ecosistemas do espazo do Miño (Rede Natura 2000). Pero ademais, o trazado afecta directamente a núcleos habitados, partindo o territorio en dous. É por todo iso, que as catro localidades crearon unha fronte común; manifestándose e achegando datos e alternativas ao longo destes anos (a denuncia chegou mesmo ao Parlamento europeo). Unha nova mostra de colaboración ibérica.

A última protesta tivo lugar o pasado domingo 29 de maio, onde a Asociación Valiñas-Poste iniciou unha marcha reivindicando a modificación e adaptación deste proxecto, o cal daría lugar a unha das liñas eléctricas máis potentes de España (o dobre doutras liñas similares da zona, que roldan os 200 Kw), e que ademais estaría deseñada para aumentar a súa potencia no futuro. Pola súa banda, o Goberno de España mantén a construción da LAT, e asegura que dita instalación cumpre con todos os requisitos de Impacto Ambiental.

Noticias Relacionadas