A 56ª reunión hispano-lusa de sanidade animal e vexetal, que se celebrou na cidade de Mérida, concluíu con importantes acordos para o sector gandeiro y agrícola ibérico. A ela asistiu o director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, José Balseiros, quen acudiu con técnicos do seu departamento para avaliar resultados e propoñer medidas. Na reunión destacouse a necesidade de reforzar este tipo de colaboracións, dada a proximidade entre as explotacións agropecuarias de Galicia e Portugal, así como polo elevado intercambio comercial entre ambos os países.
En materia de sanidade animal, a redución do consumo de antibióticos estableceuse como unha prioridade na que seguir traballando. Tamén se revisou a aplicación do Regulamento de sanidade animal polo movemento porcino entre España e Portugal, e a enfermidades de «Aujeszky» e a «lingua azul», así como os sistemas de control que se están a implantar. Ademais, os diferentes representantes intercambiaron información sobre a aplicación do novo Regulamento de medicamentos veterinarios, cuxa entrada en vigor producirase a finais de xaneiro de 2022.
No que respecta á sanidade vexetal, houbo moitos avances neste campo. Lográronse importantes resultados na loita contra a «Trioza erytreae» (enfermidade dos cítricos), mediante a solta dun parasitoide para conter ás poboacións deste insecto, tanto en territorio español como portugués. Tamén se aprobou a creación dun grupo de traballo para o seguimento e prevención da «Xylella fastidiosa», e avaliouse a loita contra a avelaíña («polilla») guatemalteca da pataca.