Devido às próximas eleições para a Presidência da Xunta, que vão acontecer no próximo dia 12 de Julho, o EL TRAPÉZIO selecionou uma série de fragmentos, que fazem referência a Portugal, dos programas eleitorais do principais partidos galegos.
PROGRAMA DEL PARTIDO POPULAR DE GALICIA (Candidato Alberto Núñez Feijóo):
“E finalmente propóñense medidas relacionadas coa xestión racional e rigorosa da facenda pública e da captación de fondos, facilitando medidas de liquidez a empresas contratistas ou a receptores de axudas da administración; propoñendo incentivos fiscais desde as distintas administracións; e deseñando unha estratexia para a xestión dos fondos europeos e dos proxectos de cooperación transfronteiriza con Portugal”.
“Adaptaremos a cooperación transfronteiriza co Norte de Portugal á situación creada pola crise sanitaria da COVID-19 mediante a elaboración e implementación dun Plan Post-Covid de Reactivación da Cooperación de Proximidade para: o Darlle un novo pulo ás áreas de fronteira, axudando a superar os problemas que o peche das fronteiras ocasionou durante a declaración dos estados excepcionais provocados pola crise, tanto en España como en Portugal. o Impulsar medidas de cooperación reais e efectivas. o Recuperar a confianza entre a cidadanía e na propia Eurorrexión.
– Establecer estratexias que preparen á Eurorrexión para afrontar xuntos a nova realidade post-COVID-19, afianzando o seu papel e reforzando a súa visibilidade como “area segura e confiable”. o Superar os obstáculos –preexistentes e novos, xurdidos ou reaparecidos con esta crise– na fronteira. o Maximizar os investimentos públicos, actuando conxuntamente para conseguir que os achegados pola Unión Europea presten unha atención especial ás áreas de fronteira, co fin de minimizar o impacto do peche perante a loita contra a pandemia”.
“Mellora das posibilidades de internacionalización dos produtos galegos a través dunha Estratexia das infraestruturas da loxística en Galicia, que consiga a cohesión territorial de Galicia e a mellora das conexións co exterior desde o punto de vista dos servizos loxísticos. Esta Estratexia implicará unha análise, avaliación e planificación das necesidades das actuais infraestruturas lineais e de transporte de mercadorías, así como das necesidades para o futuro. Nela terán un papel protagonista o Corredor Atlántico Noroeste de Mercadorías e as conexións cos portos da fachada atlántica e das plataformas loxísticas como a PLISAN de Salvaterra ou o Porto Seco de Monforte. A estratexia buscará sinerxías coas actuacións e programacións efectuadas e propostas polas CCAA limítrofes e as Rexións Centro e Norte de Portugal, así como as do Goberno Central, permitindo unha mellor situación para acceder a alianzas económicas da Unión Europea como o Mecanismo Conectar Europa”.
“En particular, potenciaranse os medios aéreos rematando nas 13 bases de helicópteros existentes os traballos de acondicionamento e actuación seguindo as normativas aeronáuticas; engadindo ás dúas bases de avións de carga en terra xa existentes novas bases temporais ou alternativas con capacidade de carga de auga para mellorar o ámbito de actuación dos avións lixeiros; e poñendo en marcha unha base de avións anfibios na zona de Verín, de uso compartido con Portugal e na que poidan operar tamén avionetas de carga en terra e helicópteros de vixilancia e extinción”.
“Melloraremos a cooperación transfronteiriza co Norte de Portugal, aprobando un novo Plan de Investimentos Conxuntos adaptado aos obxectivos de desenvolvemento sostible das Nacións Unidas, executando os máis de 130 millóns de euros de fondos europeos obtidos para 80 proxectos conxuntos na Eurorrexión, loitando para o mantemento destes fondos no vindeiro marco financeiro da UE e potenciando a cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias (con infraestruturas e recursos para actuacións conxuntas de protección civil e defensa do monte) e en materia de cooperación entre concellos de ambos lados da raia. – Potenciaremos a acción exterior nos países da lusofonía, pola proximidade cultural e lingüística con eles e en desenvolvemento da Lei aprobada a tal efecto no Parlamento galego no ano 2014. En particular, Galicia liderará a entrada de España como observador asociado na Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e a Xunta elaborará un Plan de Acción Brasil para coordinar os achegamentos culturais e económicos con este país emerxente”.
PROGRAMA DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO – BNG (Candidata Ana Pontón Mondelo):
“Formularanse propostas de desestacionalización turística dirixidas a ampliar as tempadas máis fortes a través de alternativas de turismo social, turismo interior e convenios con outras administracións ou mesmo Portugal.
—Potenciación da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Impulso dos intrumentos de coordinación e planificación e desenvolvemento de estratexias conxuntas no eido das infraestruturas, medio ambiente, territorio, transportes, servizos, axenda urbana, emerxencias, desenvolvemento económico, dereitos sociais e laboraris, lingua, cultura… Elaboración conxunta do Plan de reactivación postcovid dos territorios fronteirizos, e plans de colaboración coas Agrupacións de Cooperación Transfronteirza e coas Eurocidades”.
“Aproveitar a lusofonía e os vínculos que nos unen a ela con accións concretas, non só con teses. Cómpre impulsar que as eurocidades e eurorexións aproveiten a oportunidade para estreitar tamén os lazos culturais e lingüísticos a relación cultural próxima con Portugal.
– Estabelecemento de accións para introducir o galego como lingua normal de traballo nas notarías, erradicando demoras e outras eivas asociadas aínda na actualidade ao uso do noso idioma. Mantemento dunha política activa de intercambio e promoción de produción cultural entre Galiza, Portugal e o resto dos países de expresión galego-portuguesa, na procura da normalización e internacionalización da cultura expresada no noso idioma.
-Recepción en todo o territorio galego, cando menos, do sinal da Radio Televisión Portuguesa e emisión da CRTVG para Portugal. Incorporación da oferta de lingua portuguesa en todos os centros de ensino do noso País, programas de capacitación e actualización para o profesorado de lingua(s) e incorporación de prazas específicas de portugués nas ofertas públicas de emprego.
– Promoción da normalización do noso idioma, dentro do actual marco legal, a través da subscrición de convenios coas administracións competentes na Seabra, no Bierzo, e na comarca do Eo e do Navia, así como no caso dos concellos do Val de Ellas (Estremadura)”.
“Aplicación efectiva da Lei Paz-Andrade. Esta norma, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galiza, debe ser aplicada de forma consecuente en todos os seus aspectos tamén no que atinxe aos intercambios na comunicación entre a Galiza e Portugal e á recepción no noso País das radios e televisións portuguesas”.
PROGRAMA DO PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA – PSdeG-PSOE (Candidato Gonzalo Caballero Míguez)
“O Eucalipto avanza impulsado por decisións de propietarios privados que teñen a expectativa dunha superior renda por hectárea e una querida de menor duración. É necesaria a inmediata diferenciación das superficies, repoboacións e aproveitamentos feitos polo E. A regulación da súa plantación, debe tomar como referencia o réxime de Portugal ou de Asturias”
“Nos anos de goberno de Feijóo tem desaproveitado moitas das oportunidades xurdidas entre as que se atopan: a mellora da situación económica da veciña Portugal, a disponibilidade de grandes bolsas de financiamento do FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional)”.
“Nesse contexto a diversidade orográfica, paixasística e social do país xoga como unha importante ventaxe competitiva e unha oportunidade para a dessestacionalización da oferta, é indiferente que o reclamo inicial sexan as grandes cidades, o caminho de Santiago, os bens patrimônio da humanidade, as praias ou a riqueza paisaxística e etnográfica do interior: a demanda hoxe esixe de ser xestionada como um todo, integrando o conxunto das categorías tradicionais. Bem é certo que a complementariedade da oferta obriga a estabelecer nexos coas comunidades veciñas e Portugal, aproveitando a non existência de fronteiras e as ligazóns e as ligazóns históricas e culturais”.
“O melhor exemplo dunha eficiente política de colaboración atópase na ruta portuguesa do Camiño de Santiago, que si bem comeza en Lisboa e passa por Oporto, para a información que oferece a Xunta de Galicia, comeza en Tui, potenciar este caminho conlevaría unha oportunidade para a desconxestión do saturado Camiño Francés, a implicación de novas comarcas e atraer turistas portugueses e doutros puntos interessados e complementar a visita á capital portuguesa coa experiencia do camiño.
“Despois da vaga de lumes do 2017 e do desastre acontecido esse mesmo ano en Portugal, (…) Mellorar os protocolos de actuación conxunta e xuda mutua com Portugal”.
PROGRAMA DE GALICIA EN COMÚN-ANOVA-MAREAS (Candidato Antón Gómez-Reino): Nenhuma menção a Portugal.