A clausura do II Foro de Turismo Transfronteirizo aborda o impacto das vivendas turísticas en Galicia e Portugal

O delegado territorial da Xunta reclamou unha normativa xeral para harmonizar o impacto deste tipo de aloxamentos

Comparte el artículo:

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou en Sober na clausura do II Foro de Turismo Transfronteirizo, promovido pola Unión de Consumidores de Galicia en colaboración coa principal organización de persoas consumidoras de Portugal, DECO. Unha xornada na que se reuniron profesionais de diferentes sectores, así como asociacións de consumidores, analizando as posibilidades da arbitraxe na resolución de litixios e o impacto das vivendas de uso turístico en Galicia e Portugal.

Arias lembrou que Galicia conta cun decreto «nacido do consenso» para regular os apartamentos e vivendas turísticas, que busca «garantir maior seguridade xurídica tanto aos usuarios como aos propietarios deste tipo de establecementos, evitando entre outras cousas a competencia desleal». Pese a isto, o delegado da Xunta reclamou unha normativa xeral para harmonizar o impacto deste tipo de aloxamentos.

A arbitraxe foi o outro tema central desta xornada. Os asistentes concordaron en que debe dárselle impulso como unha solución gratuita e rápida entre as partes para evitar procesos xudiciais. Tamén se salientou que na actualidade hai 1.622 empresas turísticas adheridas de forma voluntaria ao Sistema de Arbitraxe en Galicia -bares, restaurantes, hoteis, casas rurais, balnearios e cámpings; o que indica unha clara tendencia dos diferentes sectores hacia modelos extraxudiciais de resolución de conflitos.

Noticias Relacionadas