España e Portugal lanzarán 16 satélites para loitar contra o cambio climático

O proxecto «Constelación Atlántica» ten o obxectivo de controlar e vixiar os mares, as costas e os bosques da península ibérica

Comparte el artículo:

A Cimeira Ibérica do pasado mes de outubro concluíu con importantes avances para a cooperación ibérica. Un dos momentos máis relevantes foi a firma do Tratado de Amizade e Cooperación, o cal pretende actualizar o contido da relación bilateral de España e Portugal. Un texto onde se abordan diferentes materias para o seu tratamento conxunto, como as relativas á enerxía, o medio ambiente, as infraestruturas… E onde cabe destacar a inclusión dun punto dedicado á promoción de «satélites e programas de observación terrestre de alta frecuencia».

O proxecto en cuestión, denominado «Constelación Atlántica», é ostentado polas empresas españolas Hispasat e Hisdesat, así como pola portuguesa Geosat, como posibles operadoras. A súa xestión levarase a cabo en España polo Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI), e en Portugal pola Axencia Espacial Portuguesa (PT Space), en coordinación co Atlantic International Research Centre – AIR Centre (organización promotora). O obxectivo é controlar e vixiar os mares, as costas e os bosques da península ibérica, mediante 16 pequenos satélites que complementarán ao satélite europeo Copérnico; logrando unha maior transmisión de datos.

Nestes momentos, a constelación atópase na fase preliminar (definición de aspectos técnicos), e espérase que poida recibir parte dos fondos de recuperación «Next Generation»; sendo producida pola industria nacional dos dous países. O investimento estímase nuns 60 millóns de euros, a falta saber como será o financiamiento, e a previsión é que poida estar operativa a finais de 2024 ou a principios de 2025.

Esta constelación é un plan de acción ibérico, que se suma a outros ámbitos de colaboración como o desenvolvemento do vehículo eléctrico, os proxectos de hidróxeno ou o aumento da conectividade peninsular. De feito, a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais estima que máis dun millón de fogares españois non dispoñen dun adecuado acceso a internet. Mentres que en Portugal o 30% dos fogares rurais carecería dunha rede de alta velocidade. Neste sentido, a tecnoloxía dos satélites poderá mellorar tamén as conexións dispoñibles nestas zonas.

Noticias Relacionadas