Portugal inxecta máis de 30 millóns de euros nos polígonos industriais do norte do país

A fronteira do Norte de Portugal segue desenvolvendo o seu chan industrial para atraer novos investimentos

Comparte el artículo:

Portugal continúa coas súas medidas para ser un destino preferente para novos proxectos empresariais. Só o ano pasado, o país recibiu 2.700 millóns de euros de investimento estranxeiro e creou máis de 7.000 postos de traballo. Agora, o Goberno de Portugal quere destinar parte dos fondos «Next Generation» para o desenvolvemento industrial do país. Para iso, inxectará 110 millóns de euros nestas áreas económicas, 31 nos polígonos do Norte. Unha eurorrexión no que Galicia tamén está ofertando centos de miles de metros cadrados de chan industrial (PLISAN, Tui, Arbo, Verín…), e valorando a construcción de novas pontes internacionais (As Neves).

O destino destes fondos, que se enmarcan dentro do «Programa de Recuperação e Resiliência» (PRR), pretenden dotar ás instalacións industriais de Portugal da última tecnoloxía (produción renovable e baterías, puntos de carga para vehículos eléctricos ou de hidróxeno, rede «5G»,…). Así, tres dos municipios fronteirizos recibirán fondos para este fin; en concreto Chaves, Melgaço e Vila Real. O resto de localidades cuxos parques se verán actualizados son os de Águeda; Garda; Oliveira do Hospital; Rio Maior; Campo Maior; Beja e Lagos.

O Norte de Portugal tamén está a recibir financiamento (250 millóns) para o emprego grazas ao «Programa de Apoio à Produção Nacional» (PAPN). Trátase dunhas axudas dirixidas a pemes, co propósito de facilitar a compra de maquinaria e equipos, así como para a mellora dos sistemas de calidade e certificación. O obxectivo é que as empresas sexan máis competitivas. Entre estes dous programas estímase que se están a salvar máis de 60.000 empregos na rexión Norte de Portugal.

Noticias Relacionadas