Melgaço acolleu a xornada de clausura do proxecto «Raia Termal: un destino, dous países»

Na sesión presentáronse os resultados do proxecto e as propostas para o futuro

Comparte el artículo:

As Termas de Melgaço acolleron este xoves a xornada de clausura do proxecto «Raia Termal: un destino, dous países». Esta iniciativa, presentada o 18 de decembro de 2017, tiña como meta a creación dun destino termal na fronteira galaico-portuguesa; contribuíndo ao desenvolvemento dos balnearios e á promoción do turismo transfronteirizo. Unha actuación comprendida nos municipios de Bande; Cortegada; Lobios; Melgaço; Muiños e Terras de Bouro, cun orzamento de 2,6 millóns de euros.

O proxecto tivo como elemento central a protección e conservación dos espazos fluviais dos ríos Miño e Lima. Ademais disto, valorizáronse economicamente os recursos termais da rexión, impulsando unha estrutura de xestión e comercialización conxunta. Para iso, os concellos organizaron actividades relacionadas coa saúde e o benestar. Isto, unido á singularidade e atractivo da Raia, fixeron que a oferta do termalismo transfronteirizo destaque hoxe nun mercado altamente competitivo.

As accións consistiron nunha oferta de itinerarios e produtos a ambos os dous lados da fronteira; promocionando as augas mineromedicinais; o patrimonio natural e cultural, e recuperando distintas instalacións termais. Por exemplo, destaca a rehabilitación da Casa do Baño e a creación dunha zona de autocaravanas en Lobios; a construción do acceso á praia fluvial do Corgo; a mellora e sinalización do Roteiro Termal Terras de Cortegada; o acondicionamento da ribeira do río Gerés, ou a recuperación das termas e o parque na zona do Peso (Melgaço).

Noticias Relacionadas