Luz verde á ampliación da ponte internacional entre Salvaterra de Miño e Monção coa incorporación dun carril peonil e ciclista

O proxecto de rehabilitación e ampliación iniciouse a partir do 25º aniversario da edificación da ponte

Comparte el artículo:

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou finalmente o convenio entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a rehabilitación e incorporación dun carril peonil e ciclista na ponte internacional que une Salvaterra e Monção, sobre o río Miño.

Esta infraestrutura, inaugurada en 1995, iniciou a súa rehabilitación a partir do 25º aniversario da súa construcción (ano 2020), coa limpeza e pintura de todas as superficies, a selaxe e inxección de gretas, e a contención de piares e traveseiros (ano 2021).

Aínda que o protocolo foi asinado en 2021, non foi ata 2023, na cimeira de Lanzarote, cando se deu luz verde ao acordo internacional administrativo para levar a cabo todas as actuacións. Deste xeito, o proxecto acaba de dar o último paso para facer realidade a ampliación definitiva da ponte, considerada necesaria polo rápido crecemento da eurocidade (ata o punto de que xa se está traballando nunha segunda ponte).

O investimento total deste proxecto fixouse en algo máis de 757.000 euros, sendo financiada a partes iguais por España e Portugal. En concreto, na parte española será a Xunta de Galicia a que asuma o custo final, ao ter a competencia sobre a estrada PO-510 e sobre a metade da ponte.

Noticias Relacionadas