Con el patrocinio de:

A portuguesa Altri investirá 800 millóns en Galicia e creará 2.500 postos de traballo

A empresa lusa elixiu a localidade de Palas de Rei para construír a súa fábrica, que pretende cubrir ata un 3% da demanda mundial de fibras téxtiles

Comparte el artículo:

A empresa portuguesa Altri desembarcará en Galicia cunha fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei (Lugo). O seu conselleiro delegado, José Soares de Pina, e o agora expresidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, confirmaron a decisión da firma lusa de levar a cabo este proxecto, que será candidato aos fondos europeos «Next Generation». Espérase un investimento de 800 millóns e a creación de 2.500 postos de traballo, entre directos e indirectos. A fábrica aspira a cubrir ata un 3% da demanda mundial de fibras téxtiles.

A localización desta industria foi escollida de entre corenta posibles emprazamentos, despois dun estudo no que se atendeu a criterios de dispoñibilidade do terreo, orografía, recursos hídricos e infraestruturas, declarou Soares de Pina. O director executivo de Altri tamén afirmou que se atopa na busca de socios locais para por en marcha o proxecto.

O sector industrial galego é consciente da importancia deste investimento, que daría lugar á creación da única fábrica de biofibras téxtiles de España. Dende o executivo galego valoran as oportunidades que se abren na comunidade para a produción e transformación de produtos forestais. O denominado «proxecto Gama» de Altri desenvolverase en 2023 e pretender ser un referente en sustentabilidade, incluso producindo a súa propia enerxía.

Noticias Relacionadas