Con el patrocinio de:

O Grupo Zendal aposta pola creación dun polo biotecnolóxico Galicia-Norte de Portugal

O Grupo biotecnolóxico con sede no Porriño inclúe no seu plan estratéxico novas instalacións na eurorrexión

Comparte el artículo:

O Grupo Zendal avanza no seu plan estratéxico co seu novo centro en Portugal, situado en Paredes de Coura, o cal ampliará a produción e o envasado de vacinas víricas de saúde humana. Esta nova instalación completará o gran investimento que Zendal desenvolveu nos últimos anos, cun sete centros operativos, tres plantas de I+D+i e un persoal de 650 traballadores. Unha consolidación que ten por diante novos proxectos -tanto en saúde animal como humana-, así como novas áreas de negocio.

O CEO da compañía, Andrés Fernández, ten claro que o crecemento de Zendal terá sempre como referencia a base central en Galicia, pero tamén considera que Portugal é un aliado esencial, onde a compañía buscará a colaboración de centros de formación profesional, universidades e centros de investigación. Así, afirma Fernández, a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal pode converterse nun polo de grandes proxectos biotecnolóxicos.

Pola súa banda, o primeiro ministro de Portugal, António Costa, manifestou que o investimento de Zendal sitúa a Portugal nunha posición estratéxica fronte a crises sanitarias, e reforza toda a cadea de valor do sector saúde. Tamén se espera que cos fondos «Next Generation» (Zendal solicitou 110 millóns), se poidan seguir ampliado as infraestruturas produtivas, tecnolóxicas e os almacéns de Zendal, xerando máis emprego e logrando unha maior exportación.

Noticias Relacionadas